RECOLLIDAS DE FIRMAS

Benqueridas familias, os nenxs de sexto dos CEIP Alborada, Manuel Murguía e Salgado Torres uníronse para reclamar os seus dereitos e poder asistir ao instituto Elviña, xa que é o instituto adscrito aos seus colexios. Dende fai tempo, por culpa da nula previsión da Xunta, outro ano máis temos máis rapaces que prazas. As familias pedimos que todxs xs nenxs poidan cursar a ESO xuntxs como veñen facendo, xa que a previsión é que queden uns 10 nenxs fora. Por iso, estamos a recoller firmas. Tedes os impresos na ANPA e en consexería do centro. Adxunto o escrito que fixemos. Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración.

Deixa o teu comentario