FESTA DE FIN DE CURSO!

Chega a fin de curso e con ela a FESTA que organizamos desde a directiva da ANPA para as nenas e nenos do noso cole. Este ano a festa celebrarase o sábado, día 6 de xuño, entre as 17 e as 19 horas. Nela ofertaremos perritos, hamburguesas e outras merendas, aguas e refrescos, a prezos […]

Que facemos arrow down

Actividades extraescolares

Xestionamos as actividades tanto municipais coma privadas que se realizan no cole en horario de 16:00 a 18:00 de luns a venres.

Axudamos aos pais e nais

O noso principal labor é axudar aos pais en nais con calquera trámite ou situación relacionada co centro educativo ou coas actividades extraescolares.

Comedor e madrugadores

O noso cole dispón de servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00 e comedor de 14:00 a 16:00, así como de cambiadores. Estes servizos están contratados actualmente coa empresa Jardanay e dende a ANPA facemos as xestións necesarias para que funcione este servizo.

Festas en datas especiais

Colaboramos coa dirección do centro educativo nas celebracións que se fan en horario de clase (magosto, entroido, despedida de alumnado de 6º...) e organizamos festas propias en horario extraescolar (festa de fin de curso, festa de nadal, ...)

Fainos chegar as túas suxestións

Calquera comentario que nos axude a mellorar
to top button