Comedor e madrugadores

Teléfono comedor (Ludi) 660294677

Socios da ANPA

Para ser usuario destes servizos hai que ser socio da ANPA e pagar ademáis un seguro de 7€ por nenx.

Proxectos residuos 0

Eliminamos a auga embotellada do comedor como parte do proxecto residuos 0 que se está a executar no cole.

Madrugadores

O servizo de madrugadores está dispoñible para todo o alumnado desde as 7:30.

Comedor

O servizo de comedor está dispoñible para todo o alumnado a partir das 14:00 ata as 15:45/16:00 onde se abrirán as portas para a súa recollida. Pode recollerse tamén as 15:00 previa petición.

Se desexa efectuar alta para o curso 2019/2020 é necesario cubrir a ficha e o documento de “Información sobre o tratamento de datos persoais” debidamente cubertos. Ten impresos para a súa disposición no local da ANPA.

A petición de alta, baixa, ou modificación do servizo deberá comúnicarse antes do día 25 de cada mes.

O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 630 36 38 44. O horario de atención é de luns a xoves de 9:30 a 14:00 e de 15:00 a 18:00; os venres só en horario de mañán. Por outro lado, tamén pode contactar por correo electrónico en info@arumeservicios.gal.

Comedor

5 días/semana: 80,69€/mes

4 días/semana: 64,55€/mes

3 días/semana: 48,41€/mes

2 días/semana: 32,27€/mes

1 día/semana: 16,14€/mes

Esporádicos: 6

Madrugadores

Con almorzo

Fixo mensual: 39,54€/mes

Esporádicos: 3

Sen almorzo

Fixo mensual: 22,70€/mes

Esporádicos: 2

Descontos non acumulables

  • Segundo irmán 5% de desconto na mensualidade do irmán menor.
  • Familia numerosa (3 ou máis irmáns usuarios do comedor): desconto do 10% na mensualidade de tódolos irmáns.
to top button