FIN CURSO 2020/2021

Queridas familias, pola nosa seguridade, pola vosa e pola d@s nen@s decidimos non facer unha reunión ordinaria para finalizar o curso. Tendo en conta o tempo da semán que ven, que hai rapaces en actividades e a imposibilidade de saber cant@s soci@s acudirán decidimos pospoñela, pero iso non significa darvos toda a intormación necesaria e agradecervos a vosa colaboración e participación.

Comedor : a inscripción do comedor farase a través da aplicación colechef. Falta concretar a foma de pago mensual (todos os meses a mesma cantidade) ou diario (pagaríase por días). Faremos unha votación para que poderades elexir. A votación sería igual ca última, as persoas interesadas mandarán correo solicitando usuario e contraseña (o usuario e contraseña da última votación é válido).

Cuota: a cuota sería a seguinte 15 € un socio, 24€ para irmáns e 6€ en concepto de seguro de comedor para cada usuario de comedor. O número de conta : ES 67 0238 8127 4006 0000 1190. Por favor, para facilitar os trámites enviade xustificante co nome ou número de soci@ e a data de nacemento (para o seguro) ao correo anpa@anpaalbor.com, apaalbor@hotmail.com ou por whatsApp ao teléfono 622354149.

Equipo directivo: este ano temos a baixa natural da presidenta Susana Pérez. Dende o ANPA propoñemos a Leticia Álvarez como presidenta, Patricia Rodilla como secretaria e Alba Méndez como tesoreira. Se alguén non está dacordo e quere postularse para algún cargo ou quixera presentar un equipo directivo novo faríamos votacións para que entre @s soci@s decidan. Tod@s sodes benvid@s.

Ingesos/gastos: este ano tivemos menos ingresos por cuota de soci@s debido a pandemia e a apertura de cole de Novo Mesoiro. De todas formas o saldo é favorable (2000€) debido a que non se realizaron festas. Estamos pendentes de facer cambio de compañía telefónica e cambio de banco polas abusivas comisións. Adxuntamos breve resumo, se alguen necesita máis información daríamos cita.

A continuacón adxuntamos PDF coa información da aplicación Colechef, o excel cun breve resumo de gastos e ingresos e as diferentes modalidades de pago que nos ofrece Arume.

Deixa o teu comentario