Chega a fin de curso e con ela a FESTA que organizamos desde a directiva da ANPA para as nenas e nenos do noso cole.
Este ano a festa celebrarase o sábado, día 6 de xuño, entre as 17 e as 19 horas. Nela ofertaremos perritos, hamburguesas e outras merendas, aguas e refrescos, a prezos populares.
Haberá xogos de auga polo que vos pedimos que traiades gafas de bucear e bañador.
Como en todas as festas, as nenas e nenos que non sexan socios da ANPA poderán asistir adquirindo unha entrada de 10 euros.
Vémonos o día 6!