ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Benqueridas familias, xa están aquí as actividades extraescolares. Este ano partimos dende un inicio con natación para @ nen@s de 3º e 4º de primaria. Recordade que o pago non se realiza a Anpa, os cobros veñan da Federación ou das empresas que os xestionan. @s becad@s teñen as actividades da Federación gratuítas agás o seguro de 4€ das actividades que cobra directamente a Federación.

Calquera dúbida estamos os mércores e xoves na Anpa de 4 a 6. Cada actividade ten o seu enlace para inscripción e recordade que as actividades de Federación teñen prazo de inscripción (12 ao 18).

Tam´én tedes a vosa disposición a bibilioteca do centro de martes a xoves de 4 a 6 dende o 13 de setembro (só para Educación Primaria). Tedes o formulario na web do centro, tanto para uso habitual coma para esporádico.

FÚTBOL: a nosa intención era ter esta actividade con nenxs federadxs pero por diversos motivos non puido ser. Decidimos comezar e ter este ano de toma de contacto. De todos modos teremos unha liga interna e tres torneos. Se logramos formar equipo o ano que ven xa iniciaremos federadxs.

Deixa o teu comentario