ÚLTIMAS NOVAS

Agasallos Nadal/fin de curso. O ANPA ten uns agasallos gardados para @s nos@s peques. Os días de recollida son dende o luns día 6 ata o xoves día 9 en horario de 16 a 17 horas. Calquer problema co horario non dubidedes en poñeros en contacto con nós, hai flexibilidade.

Cheques comedor curso 2020/2021. Xa temos listos os cheques. Este ano, sabendo a dificultade que poñen os bancos, temos a posibilidade de facer transferencia bancaria pero descontaríamos dous euros, é a comisión que nos aplica o banco. Tame´n hai flexibilidade. Os cheques non reclamados entenderanse donados o ANPA.

Reunión ordinaria. O mércores día 8 as 4.30 en primeira convocatoria e as 5 en segunda convocatoria teremos a xuntanza do curso.

Orden do día:

-Contas.

-Ratificación de cargos.

-Planificación vindeiro curso.

-Rogos e preguntas.

Aquelas persoas que non teñan o ANPA pagado non recibirán agasallo, nin cheque nin poderán participar na reunión.

Deixa o teu comentario