
Hai días celebrouse a última reunión do Consello Escolar do curso 2024-2025.
Nesta xuntanza comunicáronse os cambios que se van producir na directiva do CEIP toda vez que o profesor Silver deixa o centro no vindeiro curso. A partir deste próximo curso, os cargos directivos quedarán como segue:
-Directora. María Iglesias Iglesias
-Xefa de Estudos. Paola Losada Monelos.
-Secretario do Centro. Manuel Casal Garrido.
Tamén se presentou o PDI (Proxecto Documental Integrado) que percorrerá o centro no vindeiro curso e que substitúe ao deste pasado ano, dedicado a Julio Verne.
O novo PDI leva por título “Alborada verde: sementando futuro” e contempla distintos obxectivos pedagóxicos e accións en función do ciclo educativo. Xirará ao redor da natureza, os vexetais e as prantas e o ciclo da natureza. Tedes máis info na web do cole nesta ligazón: PDI 24/25: “Alborada verde: Sementando Futuro” | CEIP PLURILINGÜE ALBORADA