Lembrámosvos que o vindeiro martes, 21 de outubro, ás 16.30 horas as familias dos nenos e nenas dos cursos A e B de Sexto de Educación Primaria están convocadas a unha reunión que se desenvolverá no comedor do colexio, na planta soto.
Este encontro ten como obxectivo comezar a preparar a excursión de fin de curso para os nosos alumnos e alumnas de último ano.
Esperámosvos!