- Todas as comunicacións, informacións e circulares faranse a través da nosa páxina web anpaalbor.com e a través do abalar.
- Non teremos horario de atención presencial. Estaremos dispoñibles nos correos apaalbor@hotmail.com , anpaalbor@anpaalbor.com e xustificantes@anpaalbor.com intentaremos responder a maior brevedade posible e no teléfono 622354149 no horario de 12 a 13 e de 16 a 18 de luns a venres a partir do 1 de setembro.
- Se fose necesario atención presencial concertarase cita previa e con tódalas medidas necesarias (distancia, xel e mascarilla).
- Non se aceptará material de actividades no local do AMPA (por exemplo patins,…).
- Este curso non organizaremos festas.
MADRUGADORES
- Os horarios para deixalos nenos comezan a 7.30 da mañá, irá a recoller un monitor/a cada 15 minutos hasta as 8.45.
- Os rapaces sentaranse por niveis mantendo a distancia de seguridade. Antes e despóis do almorzo lavarán as máns.
- Os rapaces que acaben de almorzar ou non almorcen estarán separados por niveis, mantendo a distancia e coa mascarilla.
- As 08.50 o monitor/a responsable subirá os rapaces de infantil. Quedarán cos nenos que cheguen en bus.
- As 09.00 subirán 1º 2º e 3º coa monitora pola escaleira de emerxencias ata as súas respectivas clases.
- As 09.00 4º 5º e 6º subirán coa monitora pola escaleira principal ata as súas respectivas clases.
COMEDOR
1. Acollemos o protocolo da empresa Arume en relación ao comedor
2. Acordado coa directiva as baixadas ao comedor serán:
- -Infantil: Subirá un monitor a buscar aos rapaces as 13.25.
- -1º, 2º e 3º de primaria esperara o monitor no ascensor da primeira pranta as 13.45. @s rapaces baixarán por grupos separados. Según ratio @s rapaces que non poidan entrar esperaran no fondo do patio cuberto (ao lado dos baños e do ximnasio)
- -4º, 5º e 6º de primaria baixarán coa sua profesora ata o patio, alí serán recollidos pola monitora. Os rapaces esperarán no patio cuberto ata as 14:30 (aprox) para entrar no 2º grupo.
3. Acordado coa directiva as saídas do comedor serán:
- –Infantil sairá dividido en tres bloques. As saídas son a 15.00 (salvo aqueles rapaces que quedaran a actividades).
- 1º,2º e 3º de primaria sairán as 15.30 por niveis.
- 4º,5º e 6º de primaria sairán as 16.00 por niveis.
- Os pais esperarán fora do recinto escolar. A monitora responsable fará a entrega dos rapaces pola porta peatonal verde.
4. Debido a situación non haberá cepillado de dentes.
5. Antes de entrar ao comedor haberá lavado de mans. Ao saires de comedor tamén. Entre grupos desinfectarase as mesas. @s rapaces mentras estén sentadas poderán estar sen mascarilla. Non se levantarán da mesa sen permiso.
6. As monitoras estarán sempre con mascarilla, vixiando a distancia entre rapaces e o uso correcto da mascarilla.
7. Se os país requiren mais monitores haberá un aumento de 10€ nas cuotas mensuais.
8. @s rapaces sentaránse en diagonal, coa separación dun metro
9. As ratio serán examinadas e reevaluadas según aumenten ou baixen as ratios. A ratio actual permite un grupo de educación infantil e 1º, 2º e 3º de primaria e outro de 4º, 5º e 6º de primaria.
10. Añadimos a sanción, de incumprimento de normas covid-19, coma grave (adxúntase sancións de comedor).
11. Cando @s rapaces acaben de comer, levantaránse por niveis, hixienizarán as mans e sairán ao patio ( se o tempo o permite). No patio estarán en zonas separadas por niveis, mantendo as distancias e coa mascarilla.
12. Se o tempo non permite @a rapaces de Educación Infantil esperarán no salón de actos ou aula. Os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria sairán ao patio cuberto[L1] e despois pasarán ao salón de actos. @s alumnos de 4º, 5º e 6º esperaran no patio cuberto.
13. Opción de levar a comida para casa por parte dos becados.
14. A puntualidade é requisito indispensable. Acarreando sanción grave. Cando @s rapaces non sexan recoliidos en hora chamarase a policía para que se faga cargo (coma tódolos anos).
PROTOCOLO ARUME