Unha vez finalizado o prazo ordinario de inscricións no programa de Natación Escolar que ofrece o Servizo de Deportes do Concello da Coruña, quedaron admitidos TODOS os alumnos e alumnas do CEIP Alborada que solicitaron a súa participación. Estes nenos e nenas empezarán o vindeiro luns a actividade de xeito habitual.
Ademáis, dado que as prazas dispoñibles eran 15 e non foron cubertas, o Servizo de Deportes abre un prazo extraordinario de solicitudes para ocupar estas prazas que quedaron vacantes. Este prazo ábrese HOXE, día 1 de outubro, e estará aberto ata o día 10 de outubro Os nenos e nenas que se incriban neste prazo extraordinario comezarán a actividade a partir do día 15 de outubro.
CONDICIÓNS DO PROGRAMA
A convocatoria do programa Natación Escolar 2025/2026 do Concello da Coruña oferta este ano 15 prazas para nenos e nenas de 3º e 4º curso de Primaria do CEIP Alborada.
O programa desenvólvese durante o curso escolar (de outubro a maio), nunha sesión semanal dentro do horario extraescolar. Ao noso centro tócanos o Club de San Amaro os luns, en horario de 16.30 a 17.15 horas. O Concello encárgase de facer os traslados desde o centro e o regreso ao mesmo nun autobús que sairá do colexio ás 15.45 e regresará ás 18.10 horas.
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario específico que está á súa disposición na páxina web de Deportes www.coruna.gal/deportes, dentro dunha sección que acaban de abrir adicada a este programa. Na sede da ANPA disponemos tamén de formularios en papel para facilitarvos esta inscripción. Lembrade o noso horario de atención habitual, que é os luns e venres de 16 a 18 horas.
O prezo completo desta actividade por alumno/a é de 55,07 €. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.