
Desde a ANPA Albor sumámonos á defensa dun ensino público digno e de calidade.
Por iso, convidámosvos a participar na manifestación que terá lugar na Coruña o sábado 28 de febreiro, con saída ás 11:00 h na Praza de Ourense e remate no Parrote. Será unha oportunidade para reivindicar melloras reais no sistema educativo galego e para facer visible o compromiso das familias coa escola pública.
Sabemos que os cambios non chegan sós. Chegan cando a sociedade se mobiliza, cando as familias, o profesorado e o alumnado camiñan xuntos. Cada persoa conta, e a nosa presenza tamén.