INFORMACIÓNS VARIAS

Dendo o luns día 12 ata o xoves día 15 de 16 a 18 da tarde comeza o reparto dos cheques da subvención presentada polo ANPA. O reparto será coma tódolos anos, poderase entregar cheque ou facer transferencia a conta bancaria (restando dous euros por xestións, que cobra o banco). Quen lle apeteza poda facer unha doazón total, ou parcial do cheque, por pouco que sexa para nós é moito.

O venres día 16 faremos a reunión ordinaria de ANPA 1º convocatoria as 16.30/ 2º convocatoria as 17.00

Orden do día:

  • Ratificación dos cargos actuais.
  • Información económica.
  • Aumento cuotas/ seguro.
  • Planificación actividades curso próximo.

O luns día 19 realizarase a graduación de 6º, como tódolos anos o ANPA daralles @s nenxs unha merenda a todxs e unha calculadora científica aos socios. As calculadoras son da Librería Azeta que sempre apoia a ANPA con descontos.

Deixa o teu comentario