Información Pais/Nais Covid

Dende o AMPA queremos seguir sendo un apoio para a conciliación laboral e familiar , así coma axudar o crecemento  persoal  e social  d@s rapaces por iso dimos o paso, con certo medo pero tamén con valentía, de ofrecer o servicio de madrugadores, comedor e actividades extraescolares. Tamén queremos deixar claro a nosa oposición as “medidas,” por inexistentes, de parte da Xunta descargando a responsabilidade nos centros e nas Ampas. Seguiremos loitando para mellorar as condicións dos nos@s rapaces e garantir unha educación pública de calidade e segura. Sabemos que nos esperan tempos difíciles , estamos cheos de medos e inseguridades por iso pedimos pero tamén ofrecemos sentidiño, comprensión , apoio e paciencia. Tamén contarvos que imos facer unha asamblea para informaros de todo, próximamente informaremos da data e do lugar. Comentaros que para sentirnos o máis segur@s  posible, contratamos unha empresa externa de preventiva para elaborar o noso protocolo, así como, para facer un informe do protocolo do colexio, xa que este non está feito por ningun persoal experto, simplemente persoal do centro.

A Xunta de Galicia obriga os equipos directivos dos centros a redactar estos protocolos, así como o farían médicos especialistas en medicina preventiva dos hospitais, tamén obrigan os maestros a asumir tarefas vixilancia epidemiolóxica, pretendendo que éstes asuman responsabilidades. A consellería simplemente manda unhas directrices recollidas en dous folios, uns botes de xel hidroalcoholico e un paquete de mascarillas.

1 resposta engadida

Deixa o teu comentario