Na tarde do pasado mércores, unha responsable da empresa Activa mantivo unha reunión con persoas interesadas en apuntar aos seus fillos/as nas actividades que ofrece esta empresa no noso colexio, que son: inglés (desde infantil ata 6º de primaria), escola de artistas (infantil e 1º e 2º de primaria) e lettering/cómic (3º a 6º de primaria).
No repaso dos listados de preinscritos detectamos numerosas ausencias, é decir, persoas que completaron o formulario na web pero que, na práctica, non estaban correctamente inscritas. Isto pode deberse a erros técnicos da plataforma que usa esta empresa.
Como queda aínda unha semana para formalizar as inscricións, desde ACTIVA pídennos que vos traslademos que están dispoñibles nos teléfonos 600 904 941 / 981 139 248 ou no correo electrónico galicia@activa.org para comprobar a correcta inscripción dos nenos ou aclarar calquera dúbida. Esta confirmación é moi importante porque nestes momentos hai varios grupos que non acadaron o mínimo esixido de alumnos para que a actividade saia adiante.
Tamén lembramos que, no caso de Escola de Artistas e lettering/comic, hai a posibilidade de asistir só un dos dous días ofertados. Neste caso, so se pagaría o 60% da cota mensual. Isto é interesante no caso de que un dos días destas actividades vos coincida con outra e davos máis opcións para organizar as extraescolares da semana.
As inscricións están aínda abertas ata o 17 de setembro. Unha vez chegue esa data, a empresa comunicará os listados finais de persoas interesadas e se a actividade finalmente se realiza ou non.