Información Federación de Ampas

Estimadas ANPAS:

Poñémonos en contacto convosco para informarvos de que a folga prevista para o día 16 trasládase ao día 23 coincidindo co comenzo do curso na ESO.

Para o mércores 16 de setembro ás 19 horas, hai convocadas mobilizacións en diferentes puntos de todas as Provincias (achegamos cartas coa información) a prol dunha volta segura ás aulas, ás que se suma CONFAPA-GALICIA (Confederación de ANPAS á que pertence a Federación Provicial da Coruña).

Sobra decir que é moi importante ter en conta:

Respectar ás medidas de seguridade: distancia social de seguridade, máscaras.

— As familias dos Concellos que teñen limitadas as reunións a 10 persoas, poden acudir ás mobilizacións; único requisito, concentracións en grupos de 10 persoas (pode haber 1000 persoas, agrupadas en 100 grupos de 10, por exemplo).

Queremos facervos partícipes, ademais, da iniciativa promovida por distintas anpas de Secundaria da Coruña e área metropolitana que teñen serios problemas de espazo nas aulas e están a verse abocadas a rateos esaxeradas, desdobres en quendas de mañá e tarde e mamparas para separar ao alumnado. Situación por suposto que tamén están a vivir moitas outras anpas e familias da provincia. Trátase de facer unha cadea de familias (alumnado/pais/nais) ás portas do respectivo IES, desde mañá e ata o inicio de curso, todos os días ás SETE da tarde, en sinal de protesta mentres non se articule unha solución axeitada para os nosos IES ateigados de estudantes. Comezarán mañá mesmo!

ESIXIMOS: ENSINO PRESENCIAL, REDUCIÓN DE RATIO, AUMENTO DE PROFESORADO, E POR SUPOSTO AS REIVINDICACIÓNS QUE SINALAMOS NO COMUNICADO DE CONFAPA QUE ENVIAMOS HAI UNS DÍAS.

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO. NIN UN PASO ATRÁS!!!

Rogamos a máxima difusión ás familias.

Saúdos

Xunta Directiva Federación Provincial de ANPAS de A Coruña

Deixa o teu comentario