FAMILIAS!!!
Mañá é o primeiro día de folga no ensino de E.infantil, primaria e EE.
Dende o AMPA Alborada apoiamos a folga convocada polos sindicatos.
Convidamos a todas as familias que o desexen ou poidan a unirse, tamén querémonos unir a iniciativa, a cal, a tódolos escolares que acudan a escola mañá, leven un lazo negro nas súas mochilas, ou un brazalete negro no brazo.
Este xesto representará que demandamos SEGURIDADE CON TÓDALAS GARANTÍAS NOS CENTROS ESCOLARES.
Convidamos ao profesorado que asista ao centro a sumarse a esta iniciativa.
Para todos os que desexen hai unha concentración de 10 ata as 11.30 na Praza Luis Seoane, Monelos frente o edificio administrativo. pdf folga ensino