O vindeiro 19 de Decembro celebraremos a nosa tradicional Festa de Nadal da ANPA.
A festa comezará ás 4 e media da tarde e rematará sobre as 19.30 horas. Haberá chocolate con churros e os rapaces e rapazas de sexto curso farán un mercadillo navideño para recaudar fondos para a súa excursión de fin de ciclo. Porán á venda libros, pulseiras, farán trenzas e pintarán caras,…todo a prezos populares.
A partires das cinco da tarde poderemos disfrutar da actuación do Mago Deimi e, ao remate, recibiremos a Papá Noel para que recolla as cartas dos nenos e das nenas do cole.
Lembrarvos que as familias socias da ANPA podedes recoller os convites gratuítos para o chocolate con churros. Aquelas persoas que non son socias e queiran disfrutar da festa teñen que aboar unha entrada de 8 euros. Os tickets e invitacións pódense recoller no noso local os luns e os venres no horario establecido.
Esperamos q a pesares do frío que podía facer, vos animedes a asistir e disfrutar con todos nos. Agardámosvos!
