Festa de Entroido 2026

O vindeiro 13 de febreiro, venres, celebraremos a nosa tradicional Festa de Entroido.

A ANPA convoca un concurso de disfraces que constará de tres categorías:

Disfraz individual.

Disfraz familiar.

Disfraz de grupo (máximo de cinco persoas por equipo).

Pasaremos unha tarde de risas e de amizade, e tamén sortearemos as nosas cestas de entroido con produtos típicos destas datas.

Ademáis, ao igual que noutras festas, os nenos e nenas de 6º de Primaria ofrecerán postos de comida, xoguetes e cousiñas feitas a man para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.

Agardámosvos!

Deixa o teu comentario