Entroido rescatado: mellor tarde que nunca!

Aínda que febreiro sexa o mes más curto… é o que máis festas aguanta. Non gardes o teu disfraz, este vindeiro venres, día 27 de febreiro, terás a oportunidade que estabas agardando para lucilo: recuperamos a nosa festa de disfraces!

Poderás participar no concurso de disfraces que constará de tres categorías:

Disfraz individual.

Disfraz familiar.

Disfraz de grupo (máximo de cinco persoas por equipo).

E desfrutaremos das cousiñas que nos teñen preparadas as familias de 6º de Primaria, que ofrecerán postos de comida, xoguetes e cousiñas feitas a man para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.

Nesta ocasión, aos nenos e nenas que non sexan socios á ANPA non se lles cobrará entrada como outras veces. Soamente terán que aboar unha cota de 2 euros no caso de que queiran participar no concurso de disfraces.

Deixa o teu comentario