CÓXEGAS

Benqueridas familias : Entramos na recta final do curso e queremos lembrarvos que a data de finalización dasactividades extraescolares será o vindeiro 31 de maio.

Por outra banda, voltamos a ofertar o programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña.

A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)

Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00.h aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16 a 17h. na inscrición.

PRAZO DE INSCRICIÓNDo 3 ao 7 de maio en www.fedapascoruna.org/inscripciones

CUSTO DO PROGRAMA: 15 €/participante (ademáis de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

Pedimos desculpas pola tardanza dunhas horas na publicación (o prazo comeza hoxe) pero as 4 persoas colaboradoras no ANPA non estamos dispoñibles 24/7. Grazas

Deixa o teu comentario