Charla sobre psicoloxía no CEIP Alborada

Cartel da charla que se impartirá no CEIP ALborada

O vindeiro luns, 9 de febreiro, o noso centro educativo acollerá, entre as 16 e as 17.30 horas, unha charla de psicoloxía baixo o título: “Dificultades atencionais e comportamentais nos nenos e nenas”, que impartirá a psicóloga Paula Sanín, do Centro Enconxunto de Santiago.

A actividade é de acceso libre.

Durante a mesma, abordaranse estes puntos:

  • Introdución: dificultades atencionais e comportamento.
  • Sinais de alarma: cando algo comeza a preocuparnos.
  • O papel do ambiente: o contexto si importa.
  • Dinámicas familiares: como afectan estas ao problema e como se ven reforzadas a través desta.
  • Normas e pautas en casa: o que funciona e o que non.
  • Cándo pedir axuda especializada.
  • O funcionamento e intervención dende unha psicoloxía infantil especializada.

Deixa o teu comentario