CAMPACOLE

Benqueridas familias: adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns​ 26​ de xuño ata o venres 28 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.

QUENDAS                                                                 

Quenda 1: Do 26 ao 30 de xuño.

Quenda 2: Do ​3 ao 7 de xullo.

Quenda 3: Do 10 ao 14 de xullo.

Quenda 4: do 17 ao 21 de xullo.

Quenda 5: do 24 ao 28 de xullo.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.

Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h).

CENTROS SEDE

CEIP Alborada

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP María Barbeito

CEIP Manuel Murguía

CEIP San Francisco Javier

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Torre de Hércules

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

PRAZAS

45 prazas por sede (tres grupos).

A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.

DESTINATARIOS

Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 22/23.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación de prazas farase do seguinte xeito:

1º. A adxudicación realizarase por sorteo, en función das dúas primeiras letras do primer apelido que resulten elexidas. A partir de ahí, ordenarase aos solicitantes alfabéticamente: apelido 1- apelido 2- nome.

2º. Poderá solicitarse ate 5 turnos por orden de preferencia, adxudicándose un máximo de 2 turnos con carácter ordinario.

3º. En caso de vacantes, poderase adxudicar os turnos restantes solicitados no caso de ter prazas vacantes e sempre por orden de preferencia. 

COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:

  • CAMPACOLE: 20€.(*)
  • MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
  • MADRUGADORES CON ALMORZO: 18€.
  • COMEDOR: 28€.
  • SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)

*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 22/23.

**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2022/23 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”e “English Lab”).

En breve poderemos informarvos das datas concretas de inscrición. 

Deixa o teu comentario