Cambios nas actividades extraescolares

Cambios que afectan a patinaxe

Por mor das choivas e debido ao estado do pavillón de Elviña, onde se realizan actividades de patinaxe e baloncesto (os días de choiva), vémonos obrigados a trasladar temporalmente a actividade de patinaxe ao patio cuberto do Colexio. Neste tempo, os nenos e as nenas atenderán outro tipo de actividades de conciliación, dado que este espazo tampouco é axeitado para andar en patíns (ten unha pendente bastante pronunciada). Iremos actualizando este cambio a medida que vexamos a situación do pavillón, que está pendente de renovación por parte da Xunta. Lamentablemente, esta obra non se acometerá ata este verán polo que verémonos obrigados a adaptarnos á evolución das actuais condicións da pista, pois en húmido non se poden facer as actividades no interior.

Cambios nos horarios de fútbol

Tamén vos informamos do cambio de horario de futbito alevín nos luns, que pasa a ser de 16.00 a 17.00 horas.

Pola súa banda, os xogadores e as xogadoras federados pasarán ao Elviña 1 os luns de 17.00 a 18.00 horas.

Deixa o teu comentario