Vimos de publicar o calendario de actividades extraescolares que oferta a ANPA Albor para o vindeiro curso 2025/2026. Como é habitual, a oferta e horarios son diferentes para os cursos de Infantil, 1º a 3º de Primaria e 4º a 6º de Primaria. As actividades aparecen en distintas cores: en vermello, as actividades que ofertamos a través da Federación de ANPAS; en negro, as actividades que ofertamos a través de empresas privadas; e en violeta as actividades que ofertamos a través de SEROCIO.

IMPORTANTE: Para poder acceder ás actividades compre estar dado de alta o ter renovada a cota de socio da ANPA, que este ano quedou fixada en 18 € ao ano por un fillo/a, e en 28 € ao ano por 2 ou máis fillos/as. Ademais compre aboar 7 € por cada neno ou nena en concepto de seguro. O abono débese facer na conta da ANPA: ES67 0238 8127 4006 0000 1190. Unha vez feito o abono para o vindeiro curso hai enviar un correo a ANPA@ANPAALBOR.COM co xustificante de pago e o nome dos nenos ou nenas. A ANPA remitirá un acuse de recibo para completar a renovación/alta.
Na sección de ACTIVIDADES https://www.anpaalbor.com/actividades/ podedes acceder a toda a información (con ligazóns a documentación formativa) e formularios de inscrición. Na maioría das actividades a inscrición xa se pode cubrir. Cada actividade ven acompañada polo prezo da mesma e o acceso directo ao lugar onde podedes formalizar a vosa inscrición.
Agardamos que vos resulte interesante esta proposta.