Este ano vista a situación actual de pandemia vémonos obrigados a ofertar só actividades da Federación de Ampas.
Os grupos formaranse a partir de 10 rapaces e a partir de 19 desdobran grupo.
A duración será do 1 de outubro a 31 de maio.
Cuotas:
- Período outubro-decembro: 15€ por participante e actividade
- Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e actividade
- Período abril-maio: 15€ por participante e actividade
As cuotas dos obradoiros de “ Mans que falan” e “Acenos”
- Período outubro-decembro: 7,5 € por participante
- Período xaneiro-marzo: 7,5 € por participante
- Período abril-maio: 5€ por participante
Os escolares aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes.
Recuncho verde/ R que R / ECO ECO . Actividades recreativas con material de refugallo que ten como protagonista a reciclaxe para tomar conciencia sobre o coidado e conservación do medio ambente.
Colorin colorado. Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e creatividade introducíndoos noutros mundos : reais ou fantásticos.
Manitas. Combinación de diferentes artes plásticas desenvolvendo a creatividade e imaxinación.
Abracadabra/ Escola de maxia.Espertar o interese pola ciencia dunha maneira lúdica e apaixonante como é a maxia, desenvolvendo habilidades mentais e corporais.
Deseño de seu/Recrearte. Con materiais reciclables e os propios das manualidades realizarán diferentes producción útiles.
Mans que falan/Acenos. Aprendizaxe de Lingua de signos a través dos xogos, as cancións, e as manualidades.
Enredados. Windows, procesador de texto, power point, internet e correo electrónico.
Recomendamos que aqueles alumnos que queran continuar coa actividade de judo o fagan a través do ximnasio Fibra, teléfono 667 53 67 43 (preguntar por Jose)
DESCARGA ACTIVIDADES
En el enlace de la Federación sólo aparece collegas y el alborada no aparece. Donde los apuntamos?
Isto quer dicir q non vai haber os coidadores?? So actividades??
1. En patinaxe tamén son grupos de 10?
2. Se non hai 19 nenos inscritos nunha actividade, continua o grupo por exemplo con 18?
3. Faise mezcla de cursos nas actividades? Pregunto porque no comedor non se fai, están por cursos según protocolo.
4.Na asamblea os que estabamos fora, votamos que se fixeran actividades da federación e ludoteca coa empresa Lidera que xa tiña protocolo. Por que agora non se fai así?
Grazas
Na reunión chegouse o acordo, por votacións dos pais, de ofertar tamén actividades pola empresa lidera e esta misma ofertaría ludoteca. Por que non se teñen en conta ahora estas duas opcións?
Ya se saben los horarios de infantil? Gracias
É o arquivo que pon “primaria”. Se o abres xa a aparecen as actividades de infantil. Nestas idades as actividades só son de 4 a cinco da tarde.
Ola a tod@s!, entendo que si non hai ningún enlace para facer as inscripcións online, a da data do 20 de setembro carece de validez, ¿non é así?, Entón¿por onde as facemos, por aquí?.
Ah, una cousiña mais… normalmente para ver se subístedes algunha cousa, accedo a través do móvil… que non mostra a pantalla completa, e ata onte pola noite non vin o das “actividades extraescolares”, únicamente vía o das “actividades” e pensaba que non subírades nada. É unha suxestión para lentas coma min: informar en “actividades” que xa hay info de interese en “actividades extraescolares”.
Quero ademáis, agradecervos a vosa labor impagable e pouco valorada. Un saúdo.