Novas e avisos

Información sobre servizos de comedor

Xa está dispoñible na nosa web toda a información dos servizos que ofrece a empresa Jardanay (comedor, madrugadores e cambiadores) para o vindeiro curso 2025/2026. Podedes acceder a ela nesta ligazón: Comedor_curso_25-26. Nesta páxina ofrecemos o folleto cos prezos e modalidades de contratación. A partir do 28 de xullo poderedes acceder na web de Jardanay […]

Última reunión do Consello Escolar do curso 24/25

Hai días celebrouse a última reunión do Consello Escolar do curso 2024-2025. Nesta xuntanza comunicáronse os cambios que se van producir na directiva do CEIP toda vez que o profesor Silver deixa o centro no vindeiro curso. A partir deste próximo curso, os cargos directivos quedarán como segue: -Directora. María Iglesias Iglesias -Xefa de Estudos. […]

REUNIÓN EXTRAORDINARIA

Anpa Albor convoca aos seus soci@s a unha reunión extraordinario o vindeiro 26 de xuño e 1ª convocatoria as 16:30h e en 2ª convocatoria as 17:00h. Orde do día: 1.Modificación de directiva. 2. Actividades. 3.Cuotas. 4. Rogos e preguntas. Agradecemos a participación debido a importancia dos puntos e sentimos as molestias ocasionadas.

DESPEDIDA

Benqueridas familias, hoxe é o meu último artigo na web. O meu nome é Alba, levo 8 anos no ANPA e 7 como tesorera da mesma. Quería despedirme de tod@s vos. É unha despedida agridulce. Votarei de menos a diversión e as risas nas actividades e nas festas, as caras dos nos@s peques non teñen […]

Reunión ordinaria

A directiva do ANPA Albor convoca aos seus socios a reunión ordinaria o xoves 5 de xuño en 1ª convocatoria as 16h e 2ª convocatoria as 16:30h. Orde do día: Aquelas persoas que non poidan asistir e queran delegar o seu voto ou facer achegar calquera suxerencia bastará con un escrito firmado e entregado ben […]

DORMIDA

Benqueridas familias, @s nen@s de sexto teñen a oportunidade de facer unha dormida no colexio o venres 6 de xuño. Cearán e almorzarán no colexio. Necesitan un saco de durmir e unha lenterna. Aquela familia interesada pode mandar un correo ao anpa@anpaalbor.com ou visitarnos no ANPA os luns e mércores de 16 a 18.

FESTA RACHADA

VEÑA!!!! VAMOS DE FESTA!!! PARA MOITOS É A ÚLTIMA!!! Benqueridas familias, estamos a rematar o curso e coma sempre teremos moita festa. O sábado 14 de xuño teremos un xantar con paella , auga e postre. O precio é súper económico a 10€ por persoa. Despois teremos a festa con hinchables de auga, festa da […]

ACLARACIÓNS

Benqueridas familias, as actividades finalizan en xuño. E teremos as actuacións ou xornadas de portas abertas: luns 9 de xuño zumba, mércores 12 portas abertas de baloncesto, xoves 12 de xuño exhibición de patíns e venres 13 portas abertas de petit chef. Serocio terá campamento este verán e xa mandaremos información.

Charla

Benqueridas familias, o noso centro proponnos esta charla. Unha charla moi importante, sobre todo para os cursos dos maiores. Animásmosvos a vir, compartir e aprender.

to top button