Abono da subvención por gastos de comedor escolar no curso 24/25

A nosa ANPA acadou este ano a subvención da Consellería de Educación para sufragar gastos derivados do uso do comedor escolar. Xa dispoñemos das cantidades que lle corresponden a cada familia e que veñen a compensar os gastos nos que incurriron durante o curso 2024-2025.

A partir deste venres as familias que participaron no comedor o pasado curso académico poden pasar a cobrar esta axuda, que xestionamos desde a ANPA.

Lembrade que o noso horario de atención presencial é os luns e venres de 16:00 a 18:00 horas no local da ANPA e tamén por teléfono no 622354149 todos os martes e xoves de 16 a 18 horas.

As axudas que non se reclamen pasarán á conta xeral da ANPA para sufragar actividades e financiar melloras que requiran as instalacións.

Deixa o teu comentario