A directiva da ANPA Albor convoca ás familias socias da entidade a unha reunión o vindeiro martes, día 17 de marzo de 2026, ás 16 horas en primeira convocatoria e 16.30 horas en segunda convocatoria, onde se tratarán estos puntos:
- Subvención da Xunta para gastos do comedor.
- Prórroga do contrato actual do comedor.
- Festa de fin de curso.
- Cargos dispoñibles na directiva.
Nesta reunión só se admitirán os votos presenciais das persoas que asistan á mesma ou ben unha autorización asinada para delegar o voto noutra persoa asistente.