
O vindeiro luns, 9 de febreiro, o noso centro educativo acollerá, entre as 16 e as 17.30 horas, unha charla de psicoloxía baixo o título: “Dificultades atencionais e comportamentais nos nenos e nenas”, que impartirá a psicóloga Paula Sanín, do Centro Enconxunto de Santiago.
A actividade é de acceso libre.
Durante a mesma, abordaranse estes puntos:
- Introdución: dificultades atencionais e comportamento.
- Sinais de alarma: cando algo comeza a preocuparnos.
- O papel do ambiente: o contexto si importa.
- Dinámicas familiares: como afectan estas ao problema e como se ven reforzadas a través desta.
- Normas e pautas en casa: o que funciona e o que non.
- Cándo pedir axuda especializada.
- O funcionamento e intervención dende unha psicoloxía infantil especializada.