Precisamos a axuda dos pais e nais na elaboración dunha pancarta para participarmos na manifestación a prol da mellora da educación pública e do apoio educativo nos centros. Esta tarde, ás seis e media virán os medios de comunicación para tomar imaxes desta actividade, polo que agradecemos calquera axuda posible.
Tamén pedimos colaboración para axudar a chiscar as castañas que se servirán no magosto do colexio da próxima semana. Como sabedes, a ANPA colabora co CEIP para que os nenos e nenas poidan desfrutar desta tradicional festa do outono de Galicia. Neste caso, faremos esta actividade a vindeira semana, o luns e martes de 4 a 6 da tarde, no local da ANPA.
Agradecemos todas as mans que poidan colaborar con nós en ambas as dúas actividades.
Excursión
Por outra banda, seguimos dando pasos na organización da excursión de fin de curso dos rapaces e rapazas de Sexto. Este xoves, 30, celebraremos unha reunión coa axencia Kanvoy para aclarar dúbidas. Todas as familias que estean interesadas están invitadas. Celebrarase ás 17 horas no comedor.