Ao comezo do curso, é habitual que as monitoras e monitores dos nenos e nenas que asisten a algunha actividade da ANPA non coñezan fisicamente as persoas que están autorizadas a recollelos, pois dispoñen tan só do nome e autorización. Co paso do tempo, o persoal xa recoñece a aquelas persoas autorizadas polo que as entregas dos nenos e das nenas adoitan a ser máis áxiles.
Mentres non chega este momento, é normal que os monitores e monitoras sigan con extremo coidado as instruccións de entrega dos menores polo que este momento pode ser menos áxil do que a algunhas persoas agardan que sexa. O certo é que é pola seguridade dos nenos e das nenas.
Dende a directiva da ANPA pregámosvos que sexades pacientes coas entregas nestas primeiras semanas e respectedes os tempos e turnos das mesmas para evitar situacións incómodas para os monitores e monitoras e para o resto das persoas que están presentes nesas entregas.