
Está aberta a convocatoria do programa Natación Escolar 2025/2026 do Concello da Coruña, que oferta este ano 15 prazas para nenos e nenas de 3º e 4º curso de Primaria do CEIP Alborada.
O programa desenvólvese durante o curso escolar (de outubro a maio), nunha sesión semanal dentro do horario extraescolar. Ao noso centro tócanos o Club de San Amaro en horario de 16.30 a 17.15 horas. O Concello encárgase de facer os traslados desde o centro e o regreso ao mesmo nun autobús que sairá do colexio ás 15.45 e regresará ás 18.10 horas.
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario específico que está á súa disposición na páxina web de Deportes www.coruna.gal/deportes. Na sede da ANPA disponemos tamén de formularios en papel para facilitarvos esta inscripción. Lembrade que xa estamos no horario de atención habitual (luns e venres de 16 a 18 horas). O prazo de solicitudes remata o 14 de setembro e as prazas adxudicaranse por sorteo.
O prezo completo desta actividade por alumno/a é de 55,07 €. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.