Este ano remata o contrato da empresa de catering. Presentaremos novas opcións para que elixades. Aquí vos deixamos unha pequena comparativa das dúas empresas de catering que presentaron presuposto ( pedimos máis pero non tivemos resposta). Tamén poñemos a vosa disposición a proposta de cada empresa para que poidades decidir o mellor para @s nen@s. Cada socio terá un voto, para poder votar é necesario pedir un usuario no correo da web anpa@anpaalbor.com ata o domingo día 28 de marzo. É necesario indicar o nome de soci@ e , se é posible, o número de socio. A votación será do luns 29 ata o venres 2.
APP | PRECIO | DESCONTOS | MONITORAS | |
ARUME | SÍ (consultar menús, altas, baixas, cambios,…) | -4,70€ día ( os días que os nenos non acuden e se notifique a través da app ou por teléfono esos días non se cobrarán). -82, 25 € mes.** | SÍ (Familia numerosa e 2º irmán) | As monitoras seguirán sendo as mesmas |
JARDANAY | NON | 81,17€ mes | SÍ ( 2º e 3º irmán). | As monitoras seguirán sendo as mesmas |
**Modalidades de pago Arume. No caso de que Arume gañase a votación teríamos a posibilidade de escoller a modalidade de pago por día ou por mes. A continuación deixamos o enlace coa explicación. Descarga