Para ver o menú do mes de septembro pincha aquí
Información Federación de Ampas
Para o mércores 16 de setembro ás 19 horas, hai convocadas mobilizacións en diferentes puntos de todas as Provincias (achegamos cartaz coa información) a prol dunha volta segura ás aulas, ás que se suma CONFAPA-GALICIA (Confederación de ANPAS á que pertence a Federación Provicial da Coruña).
Modificación Horarios saída comedor
Os nenos de infantil comezan a saída as 15.15
Os nenos de 1º,2º e 3º de primaria as 15.30
OS rapaces de 4º,5º e 6º de primaria as 15.45
PROTOCOLO AMPA
Todas as comunicacións, informacións e circulares faranse a través da nosa páxina web anpaalbor.com e a través do abalar.
Non teremos horario de atención presencial. Estaremos dispoñibles nos correos apaalbor@hotmail.com , anpaalbor@anpaalbor.com e xustificantes@anpaalbor.com intentaremos responder a maior brevedade posible e no teléfono 622354149 no horario de 12 a 13 e de 16 a 18 de luns a venres a partir do 1 de setembro.
Se fose necesario atención presencial concertarase cita previa e con tódalas medidas necesarias (distancia, xel e mascarilla).
Non se aceptará material de actividades no local do AMPA (por exemplo patins,…).
Este curso non organizaremos festas.
Folga de Ensino comezo de curso
Mañá é o primeiro día de folga no ensino de E.infantil, primaria e EE.
REUNIÓN DE PAIS/NAIS MEDIDAS COVID
O Próximo Martes día 8 de Setembro ás 17:30 celebraremos unha reunión extraordinaria no patio do colexio para falar das medidas Covid adoptadas polo centro a petición da Xunta de Galicia, e tamén, tratar os temas de comedor/madrugadores e actividades extraescolares.